Club Atletismo Fontes do Sar

O clube Atletismo Fontes do Sar, naceu (2009) como unha xuntanza de amigos afeccionados a correr, que se daban cita no ximnasio do Multiusos do Sar. Así comenzou a andaina deste clube, que cada ano vai engrosando as súas filas, fomentando a participación en carreiras populares e en campionatos federados. E como o clube desexaba crecer non só en participación de veteráns, decidiu crear a sección máis infantil do clube.

A Escola de Atletismo Fontes do Sar naceu (2012) coa intención de dar a coñecer este fermoso deporte aos máis pequenos con actividades deportivas relacionadas co atletismo, sen esquecer a parte didáctica – pedagóxica que como todo deporte pode aportar os rapaces valores e experiencias moi positivas no seu desenvolvemento.